Aula Dixital de Lingua Galega e Literatura do CPI Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior

quarta-feira, 20 de fevereiro de 2019

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019


A Consellería de Educación vén de convocar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019. 
  • Persoas beneficiarias: alumnado de centros públicos que estea cursando durante o curso 2018/19 ESO ou Bacharelato.
  • Modalidades de participación: dependendo do curso no que estea matriculado o/a alumno/a, o programa contempla diferentes modalidades, dende cursos de 1 ou 2 semanas de inglés en Galicia ata estadías formativas de 3 e 4 semenas en Francia, Canadá, Portugal e Inglaterra.
  • Contía das axudas: a axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo por praza e a achega que lle corresponda segundo os cus-tos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados nesta táboa.
  • Prazo de presentación de solicitudes: será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (mércores, 20 de febreiro).
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

segunda-feira, 4 de fevereiro de 2019

Alimentámonos ben


Nesta semana dámoslle continuidade no instituto ao reparto de froita para todo o alumnado durante o recreo. O programa "Froita na escola" é promovido pola Consellería de Medio Rural e do Mar e ten como finalidade mellorar os hábitos alimenticios dos máis novos, neste caso, a través do fomento de froita fresca (amorodos, peras, mazás, mandarinas e bananas).

Esta é a primeira quenda de raparto que se completará durante outras dúas semanas no 3º trimestre. Dende aquí queremos agradecerlle expresamente ao alumnado de 4º ESO a súa axuda nas tarefas de reparto. 

segunda-feira, 21 de janeiro de 2019

Preséntase o Proxecto Roma

Na mañá de hoxe, luns 21 de xaneiro, levamos a cabo a reunión informativa co alumnado para participar no Proxecto Roma, proposta que pretende dar continuidade á metodoloxía de traballo por proxectos que iniciamos no curso pasado co gallo da excursión de 4º ESO. Deste modo, o obxectivo é dotar de contido didáctico á saída de fin de etapa traballando dentro e fóra das aulas sobre os monumentos, a historia, a arte, a literatura e o cine como forma de achegamento á realidade. De momento, a acollida foi moi positiva, con 28 alumnos e alumnas interesados en participar nas actividades que se realizarán en horario de tarde e fóra da xornada lectiva.

Así, o proxecto articularase do seguinte xeito:
  • Todo o alumnado realizará un traballo de análise de obras artísticas de diferentes periodos que se atopan en Roma ou Florencia (destinos da viaxe), dentro das clases de Xeografía e Historia (co acompañamento das profesoras María Sánchez Crestelo e Beatriz González Santos).

  • O alumnado que cursa a materia de Latín realizará un glosario de termos relacionados coa Roma Antiga, coa colaboración da profesora Marta Emilia Mosquera Vázquez.
Fóra das aulas, realizarase un Club de lectura e cinema coordinado polo profesor Román Cerqueiro Landín, do Departamento de Lingua e Literatura Galega. As datas e horario do club son as seguintes:
- Martes 19/02/2019 en horario de 15:00 a 16:30.
- Martes 26/02/2019 en horario de 15:00 a 16:30.

Tamén fóra do horario lectivo, os profesores Cristina Méndez Ramos (Dpto. Lingua Castelá e Literatura) e Eloi Gestido de la Torre (EDLG, Dpto. Lingua e Literatura Galega) levarán a cabo diversos obradoiros que se celebrarán nas seguintes datas:
- Mércores 6/02/2019 en horario de 15:00 a 17:00.
- Xoves 21/02/2019 en horario de 15:00 a 17:00.
- Xoves 28/02/2019 en horario de 15:00 a 17:00.
- Xoves 7/03/2019 en horario de 15:00 a 17:00.

Lembrámoslle a todo o alumnado participante que deberá entregar asinada, antes do 31 de xaneiro de 2019, a autorización de asistencia ás xornadas fóra do horario lectivo.

Comezamos!

sábado, 12 de janeiro de 2019


Nesta semana o alumnado de primeiro da ESO participou nun obradoiro educativo de dúas horas sobre a resolución de conflitos nas escolas.

Nesta actividade explicáronnos que hai diferentes roles nunha discusión: o agresivo, o asertivo e o pasivo. Fixemos diferentes representacións voluntarias sobre isto. Tamén se destacou a importancia da persoa mediadora para resolver os conflitos.

Esperamos saber poñer en práctica os seus consellos en situacións cotiás. 

Lucía Castrillo Sánchez (1º ESO B)

TI DECIDES! é unha iniciativa da Concellería de Xuventude e a OMIX que se desenvolve ao longo de todo o curso nos centros educativos de Soutomaior. Trátase dun programa xuvenil de intervención socioeducativa co fin de promover entre a mocidade condutas máis saudables e respectuosas. Os obradoiros teñen un carácter preventivo e abordan temáticas moi variadas: educación afectivo-sexual, adiccións, consumos de substancias nocivas para a saúde, ciberseguridade e cidadanía dixital, conflito e mediación xuvenil, etc. Cada obradoiro está deseñado en función das idades das persoas que participan, co cal a programación das sesións se está a realizar coa colaboración do Departamento de Orientación e as titorías do IES para que os obradoiros se adapten ás necesidades do alumnado no momento no que se imparten.

A primeira sesión no noso IES comezou o martes 18 de decembro coas sesións de sexualidade impartidas para 3º da ESO  por AMAINA e o mércores 19 de decembro coa sesión  de educación en valores o alumnado de 1º da ESO impartidas por YARACAN.

quinta-feira, 10 de janeiro de 2019

Excursión á EDAR e charla no Multiúsos de Arcade (18-12-2018)

Unha parte do alumnado de primeiro da ESO foi ao Multiúsos de Arcade para asistir a unha interesante charla sobre o horto urbano. Nela explicáronnos como era o horto, como funcionaba, como se distribuían as parcelas, os remedios contra as pragas e insectos, os tempos de sementa e colleita das plantas, os produtos obtidos, etc.

Por exemplo, contáronnos que contra pragas coma a dos caracois, que comen a colleita e que normalmente a xente mata con pesticidas, eles actúan  deste xeito: danlle unha planta que lles guste máis e que os atraia para que non coman as que eles sementaron.

Ademais, en vez de usar fertilizantes químicos, depositan os restos que xera o horto e o lixo orgánico dos seus fogares nos contedores composteiros para crear un fertilizante ecolóxico.
Mentres unha parte do alumnado estaba no Multiúsos, o resto foi de visita á Estación Depuradora de Augas Residuais de Arcade (EDAR). Alí, os traballadores ensináronlles o percorrido que fan as augas residuais pola depuradora, as fases de limpeza polas que pasan e os depósitos e limpadores que recorre.



A primeira fase consiste na extracción dos materias sólidos. A continuación, a auga pasa por uns tubos de limpado, e ao saír deles continúa por unhas estruturas planas de ferro onde os residuos se depositan. Finalmente, a auga pasa por un tubo con luces que irradian radiación ultravioleta antes de botala ao mar.

Grazas a esta excursión puidemos aprender moito sobre como facer un horto urbano e os seus produtos e tamén puidemos aprender e entender moito mellor o proceso de depuración da auga antes de que volva ao mar.
Lucía Castrillo Sánchez (1º ESO B)

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO fixemos unha saída ao EDAR de Arcade o pasado martes 18 de decembro. Asistimos tamén a unha charla no Multiúsos sobre a horta urbana.

Na depuradora de residuos puidemos comprobar de primeira man o proceso de depuración aprendido nas clases de Bioloxía. Na charla da horta urbana ensináronnos o proceso de plantación, como cultivar ecoloxicamente e como facer compost. Tamén nos animaron a participar na horta urbana de Soutomaior, que se atopa perto do Multiúsos. Os alumnos e alumnas puidemos tocar o compost e as plantas de tempada recollidas na horta.

Sabela Magariños Pereira (1º ESO A)

"Cultural Day", por Rime el Bahi


Last Thursday the 29th of November, we had a literature workshop in English. The organizer of the workshop explained to us, for an hour, the main authors of history and their respective works. Some of the authors who spoke about were:
  • WILLIAM SHAKESPEARE: “Romeo y Juliet”
  • ARTHUR CONAN DOYLE: “Sherlock Holmes”
  • MIGUEL CERVANTES: “Don Quixote”
In this workshop, the girl prepared a contest similar to ‘Who wants to be a Millionaire?’. She chose Victor and María as the contestants to answer some questions counting with the help of three lifelines. The first one was to get 50% of the possibilities, the second, call the sister of the girl and the third was ask the audience. María chose the second option and she answered correctly so she won a pen. However, Victor wasn't as lucky as María and he didn't get the pen.

The literature workshop was much more entertaining than we imagined. The woman who prepared it was very nice, and she spoke with a lot of enthusiasm about the books and its authors. The best part of the workshop was definitely the quiz. It made the hour pass very fast because when you are enjoying something, the time passes very quickly. It was very funny when she phoned her sister, and we enjoyed a lot watching our partners doing the quiz. We learned some things we didn't know about the different authors that she spoke about. This literature workshop was hopefully amazing, although we thought it could be boring.

All in all, the talk truly astonished us because initially, we thought it would be a little bit dull as it was about literature. Nevertheless, as the parley advanced our interest an attention increased. We left school fairly glad about the talk, however, all of us agreed that it was really brief due to the limited time. Consequently, she hadn't enough time to speak about all the authors. We were especially sad because she hadn't time to talk about the famous J.K Rowling, well known for her book Harry Potter. That's why the fans of this saga were pretty disappointed. So, we are hoping she will return to finish her exposition in the near future. We want to learn more about the rest of the authors and have a second chance to win one of her awesome pens!
RIME EL BAHI (1º BACH. A)